Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Fan un novo chamamento para conseguir doantes de médula que salvan vidas

Estefania Blanco corunesa que necesita transplante de medula osea
Estefanía Blanco, a coruñesa que necesita transplante de médula osea
Fan un novo chamamento para conseguir doantes de médula que salvan vidas

O transplante de médula é un dos grandes retos da solidaria sociedade española. A doazón de sangue, de plaquetas ou de órganos, sitúannos á cabeza en solidariedade en todo o mundo. Tamén a de médula ósea, algo menos coñecida a pesar de ser unha das doazóns nas que máis directamente se pode ver o resultado.

Juan Jose Busto e Manolo Ferrol
Manolo Ferrol, á dereita, xunto co presidente do Muxía Juanjo Busto, nun evento

Na comarca, as miradas témolas postas en Esteiro. O presidente da Esteirana Manolo Ferrol hai semanas que necesita un transplante de médula compatible. E o tempo corre, e Ferrol non é de ferro, e xa se atopa “algo máis caído animicamente, xa non baixa polo campo, xa non está con ánimos”, cóntannos os seus achegados. As transfusións de sangue xa non lle supoñen o chute de enerxía dos meses anteriores cando aguantaba os 15 días con forza, polo que, mentres segue loitando contra a enfermidade hematolóxica, agarda a chegada dese doador/a compatible que lle dea unha nova vida.

Estas semana saltou a luz o caso dunha moza da Coruña residente en Pontevedra. Estefanía Blanco sofre unha leucemia mieloide aguda. Tras un ano de pelexa, un aborto e un autotransplante de médula que non saíu ben, Estefanía conta cada hora sen saber cal é o seu futuro, e agarda que apareza ese anxo salvador.

Podes ver aquí como facerte doante dfe médula ósea.

 

Comentarios