"Gustavos", o novo libro de relatos do mestre Ramón X. Beltrán Carballeira
12 de agosto de 2026 (09:50 h.)
Natural de Camariñas, pero criado en diversos puntos da provincia, o coruñés Ramón X. Beltrán Carballeira vén de publicar un libro de relatos coa Editorial Baía; o seu título é "Gustavos". O mestre no IES Fontexería de Muros lanza o seu segundo libro trala súa primeira novela "As palabras de Morfeo”.
Esta é a sinopse:
Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.