Herdeiros da Crus, Soziedad Alkoholika e El Drogas, cabezas do Castelo Rock 2015

Menudo estirón que pega o Festival Castelo Rock na súa XII edición do 2015. Unha edición con dous día de concertos, 7 e 8 de agosto na Praia do Castelo en Muros, que xa nos desvela os primeiros nomes desta edición encabezada por Soziedad Alkoholika, El Drogas e Heredeiros da Crus, ademais de Arrhytmia. As entradas xa están á venda en www.castelorock.com, se ben a presentación oficial que terá lugar ou luns 27 ás 13:00 horas non salón de plenos do Concello de Muros cos responsables do concello e a ACRD Praia do Castelo, e algunha sorpresa.

Esta 12ª edición chega co claro obxectivo de consagrarse entre os grandes festivais de Galicia, e por iso aposta por un dos mellores carteis da súa historia. A presente edición contará de novo con dous días de festa, máis de 8 grupos de primeiro nivel e bandas emerxentes, zona de acampada, actividades infantís, pasacalles, mercadillo e moitas máis sorpresas que converterán ao festival nunha experiencia inesquecible.

3 bandas estas das que pouco se pode dicir que non coñezamos. Dúas grandes bandas do panorama de coiro español, en escena dende os anos 80, e cunha carreira tremenda. E unha banda, os HDC, símbolo de toda unha xeración da que probablemente está formada toda a canteira do Castelo Rock. Moitas gañas hai de velos dende aquel Nordestazo 2012 no que os Herdeiros conseguiron ascender o festival a 1ª División, e do que aquí deixamos constancia por partida doble.


Máis información

O bono de dous días poderá adquirirse por 12€ nos diferentes puntos de venda e en www.castelorock.com dende xa. Aínda que o prezo de saída é este, irá subindo a partir da venda dos 1000 primeiros bonos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).