Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Caverna de Muros dá a alternativa ás novas bandas da zona

A Caverna de Muros dá a alternativa ás novas bandas da zona
Concurso Cavernicola de Bandas de Muros

Xa temos datas para o Concurso Cavernícola de Bandas costeiras. O Pub muradán A Caverna artella esta aposta pola música da zona, facendo unha serie de concertos que serán valorados polo público asistente. O grupo que máis puntuación acade será premiado con 300€.

Fantástica nos parece a iniciativa pois ademais de varios grupos xa míticos da zona, o concurso dá a alternativa a moitos grupos noveis. A canteira do IES Fontexería ou da Escola de Música de Carnota teñen posibilidade de tocar en directo.

O próximo 21 de febreiro arrancan os 9 concertos. Os primeiros artistas que participarán serán os ZEROS, e o concurso rematará co concerto de SOZIOS A LA FUERZA o vindeiro 25 de abril.

Entre medias, e salvando ó sábado de Semana Santa, actuarán as outras sete bandas inscritas neste concurso:

Como entrada ao concerto entregarase unha tarxeta de votación ca que cada asistente poderá votar do 1 ao 10 á banda participante, polo que a elección do grupo gañador dependerá exclusivamente da opinión do público.
Cada tarxeta de votación custará 1€ e a recadación destas tarxetas será destinada á doazón de material para a Sala Nasmo, local de ensaio onde a maioría das bandas participantes acostuman reunirse para preparar os temas dos seus directos e grabar as súas maquetas.

Xa tendes todas as citas debulladas en www.xendacostadamorte.com. Polo de pronto, deixámosvos con Socios a la Fuerza:


Novas relacionadas

Máis novas musiqueiras

Fonte

Comentarios