Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Muerte con Terbutalina

A Muerte con Terbutalina
Terbutalina A Muerte

Estamos estas semanas que botamos a música por todos os poros da Costa. Que se en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez, ou co Rebumbio da Costa Asosiasión Cultural. E hoxe toca falar duns dos grupos máis punteiros da bisbarra, xa con varios anos de punki ás súas costas.

E están a piques de presentar en directo o seu novo traballo. Se ben xa podedes descargar o album "A Muerte" de balde no bandcamp, o seu é velos, gozalos, berralos en directo. E para iso podedes achegarvos o vindeiro venres 7 de marzo á Sala Capitol, o templo musical do país.

Clara e directa a mensaxe de A Muerte, e proba é o teaser que presentan cunha clara referencia ao "dereito á vida" que promove a dereita española:


Un Sorteo para acabar tirado

E os compañeiros muradáns non queren que á Festa falte un só fan costeiro. E para iso queren agasar cun sorteo, que ten o claro obxectivo de "que acabedes no chan!!"

O Sorteo Acabar tirado sortea 3 vales de 20€ en consumicións para esa noite na Sala santiaguesa. Só tes que mercar a túa anticipada n'A Reixa Tenda, envíar o teu nome completo e mais o número da túa entrada a: [email protected] ou a través de mensaxe ao noso Facebook. Así poderás presentarte ao sorteo antes do xoves 6 de marzo ás 20.00h.

Con temazos frenéticos coma este, e con míticos como Quero ser unha filloa, nos farán bailar e suar!

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios