Martes. 17.09.2019
El tiempo

Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento

Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento

Segue a Costa da Morte creando novos talentos en materia musical. Estivemos hai pouco cos rapaces de Nordés Project no Musicaula 2014. Estivemos escoitando ao novo rapeiro carnotán Yeray Vázquez, felicitando aos Trapos Sucios pola súa vitoria no Rock in Río Tea e preparándonos para ver a Terbutalina no #CasteloRock14.

Hoxe quedamos en Muros para coñecer a un par de mozos con moito descaro. "Maestro Romero" é un dúo acústico composto por dúas voces e dúas guitarras, comandadas por Alfonso Gallardo dende Esteiro, e por Alberto Romero dende Muros. Simple, sencillo e directo a tódolos públicos, como comprobamos neste aguerrido “Se te vas”, da gran figura galega Sés, ou este “Tierra”, de Xoel:


Maestro Romero na Caverna de Muros

Gran noite de estrea

Xa vedes que hai un completo repertorio de cancións propias, cancións de autores e bandas galegas, e cancións de autores e bandas estatales, todas elas levadas ao campo do acústico. Un formato pequeno, divertido e dinámico onde o primordial é a música.

A súa estrea, a súa primeira parada no tren da música, xa ten data, o sábado 3 de maio na Caverna en Muros. Esa noite arrincarán as 00.30, e unha vez rematada a actuación, a música correrá a cargo dos Dj Borjita Fernández e Manuel Martínez e os Dj FYA.

Por dios, non vos perdades a presentación da súa posta en escea deste par de artistas con pouca vergoña:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Maestro Romero

Comentarios