Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea

Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea
Trapos Sucios ganadores do Festival Rock in Rio Tea 2014

Aí están, despois de moitos anos subidos aos escenarios de todo o país, e continúan gañando certames. Os muradáns Trapos Sucios veñen de levar o primeiro premio do Concurso de Bandas Festival Rock in Río Tea, de Ponteareas. Onte, sábado 5 de abril, celebrábase a gran final e os costeiros “competían” cos vigueses Tronka Jazz Quarter, aos que deixaron levar o segundo premio.

Así contaban os organizadores a vitoria dos roqueiros muradáns: ”Trapos Sucios volveu a demostrar que é o merecido gañador do concurso. Sobrepoñéronse á dificultade de non poder contar co baixista da banda (Manuel Romero (Tararo)), e tras un durísimo día de ensaios no que o seu guitarrista cambiou de instrumento volveron a conquistar ó público do JJ. Locura colectiva dende o primeiro ó último acorde. Uns mostruos”, os Germán Mosqueira - Voz, Ricardo Mayo (Kaio) - Guitarra, Denís Lamela - Guitarra e Pedro A. Lago - Batería.

Agora estaremos pendentes pero o máis probable é teñamos que achegarnos por Ponteares o vindeiro 5 de xullo, para disfrutar dos Trapos Sucios no I Festival Rock in Río Tea 2014.

Aínda non conseguimos un vídeo do certame, pero non quixemos que a nota quedase sen un, e aquí vos deixamos con eles no Estudio Mafia, e cantando en galego, ademais:

Escolma de fotos da noite

Trapos Sucios Ganadores do Certame Rock in Rio Tea German Mosqueira cantante dos Trapos Sucios no Rock in Rio Tea Bateria de Trapos Sucios no Rock in Rio Tea Os Trapos Sucios no Rock in Rio Tea

Novas relacionadas

Comentarios