Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14

Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14
Gatillazo e Terbutalina no Festival Castelo Rock 2014

Se esta semana coñeciamos que VdeValarés se fai internacional, hoxe puidemos disfrutar dos avances do Festival Castelo Rock. E xa temos as primeiras bandas, as que abandeirarán a invasión do rockandroll e o punk en Muros para os vindeiros 8 e 9 de agosto na Praia do Castelo.
Serán dous días de música, máis de 8 grupos de primeiro nivel e bandas emerxentes, zona de acampada, actividades infantís, pasacalles, mercadillo e moitas máis sorpresas que converterán ao festival nunha experiencia inesquecible.

Os primeiros, por fin, os locais Terbutalina, que despois de levar a súa irreverente proposta por todo o país, volven a casa para facer bailar a toda a comarca do Barbanza e a Costa da Morte co seu punk, presentando o seu novo disco "A Muerte"

E a lista, polo de agora, a completan os míticos vascos Los Gatillazo, banda creada no 2004 polo líder de de La Polla Records, Evaristo Páramos.

Pero atentos, porque dende a organización nos aseguran que aínda queda unha banda, entre outras, moi desexada en Muros por coñecerse, que a farán pública en vindeiras datas.

Deixámosvos cun par de vídeos das dúas bandas:

E aquí, o último traballo dos Gatillazo, ca vida dos esclavos no século XXI:

Poderedes facervos primeiros bonos, con opción á acampada, dende o 24 de maio a 10 euros.

Mentres, as xentes do ACRD Praia do Castelo continúan ademais coa súa proposta de dinamizar a cultura musical costeira, a través do seu premio en forma de gravación dun disco.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios