Xoves. 28.03.2024
El tiempo

De premio, a gravación dun disco

De premio, a gravación dun disco
Subvencion do Castelo Rock para bandas locais

A música costeira está en pleno proceso de dinamización. Xa anunciamos a creación do Rebumbio da Costa Asosiasión Cultural, e hoxe coñecemos unha gran iniciativa da ACRD Praia do Castelo, a promotora do Festival Castelo Rock.

Co ánimo de incentivar a creación musical costeira, a entidade abre a campaña ACRD Praia do Castelo coa nosa música', que pretende servir de axuda para as bandas locais. Así, prazo para a subvención xa está aberta e todos as bandas locais que queiran gravar un disco nun estudio profesional poden probar.

Máis información e inscrición

Trátase dunha subvención a fondo perdido destinada á gravación dun disco nun estudo profesional que atenda aos requirimentos de profesionalización, aspiración, promoción e desenvolvemento das bandas locais.
O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o día 15 de febreiro ata o 1 de xuño de 2014.
Poderán beneficiarse da subvención todos aqueles grupos que cumpran os seguintes requisitos:
- Que todos os membros estean empadroados no Concello de Muros.
- Que a banda teña como mínimo unha maqueta con 2 temas.
- Que un 40% da gravación sexan temas en lingua galega.

A dotación económica disposta para a subvención está destinada a cubrir o 25% do prezo final do proceso de gravación.

Xa poden preguntar en [email protected], ou na web www.castelorock.com.

Novas relacionadas

Outras novas festivaleiras

Fonte

Comentarios