Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O mar de Muros berrou en Santiago ‘Non a mina, si a Ría!’

MANIFESTACION Mina San Finx
O mar de Muros berrou en Santiago ‘Non a mina, si a Ría!’

Non faltaron representantes do sector do mar de Muros na concentración convocada este pasado sábado en Compostela pola Plataforma Comarcal contra os vertidos da mina de San Finx, en Lousame. Un milleiro de persoas de toda a ría de Muros e Noia berraron diante da Xunta de Galicia o lema ‘Non a mina, si a Ría!’ pedindolle a Xunta que retroceda na autorización do vertido de augas residuais á rede fluvial. Esta decisión do goberno autonómico suporá un dano irreparable á biodiversidade e á riqueza da Ría de Muros-Noia un dos bancos marisqueiros máis importantes do mundo.

Alí estiveron as 74 mariscadoras muradás e moitos mariñeiros da vila, como xa ocorrera na convocatoria do pasado 4 de marzo fronte ao Concello de Noia. Pero tamén houbo traballador@s do sector do comercio e da hostaleira da comarca, da industria conserveira e das depuradoras, asociacións deportivas e culturais a diversas entidades da Ría de Muros-Noia, que se unen nesta reivindicación que loita por evitar que centos de miles de metros cúbicos de achiques de mina, cargados con metais pesados como o cadmio, cobre e zinc, procedentes da antiga mina de volframio e estaño, poñan en perigo o futuro da comarca.

Tampouco faltaron hoxe fronte á sede administrativa da Xunta membros dos principais colectivos ecoloxistas, e representantes dos partidos políticos, así como alcaldes da comarca xunto a organizacións sociais que durante estes días fixeron público o seu apoio a esta mobilización.

Durante o multitudinario acto desta mañá tomaron a palabra os patróns maiores das confrarías de Noia e de Portosín, así como o mariñeiro Rogelio Santos como voceiro da Plataforma Comarcal.

O mariñeiro "influenser" Rogelio Santos Queirga recordou que xa son moitas as veces que se teñen manifestado en contra das decisións da Xunta, como no caso das gaiolas da ensenada de Muros, pero “dálles igual á xente do mar”.
“Os nosos políticos din que o noso marisco é o mellor do mundo pero con este tipo de decisións amosan que non o valoran. Se nos intenta vender a moto dunha suposta depuración da augas das galerías da mina cando sabemos da enorme cantidade de auga que representa, cando sabemos que levará metais pesados aos bancos marisqueiros que só están a sete quilómetros e cando a quen se encarga esta misión é a unha empresa que xa está sancionada por verter residuos contaminantes ao río Xallas en Santa Comba”, indicou Rogelio Santos. “Ninguén lle quere ao mar como os mariñeiros", remarcou o voceiro da Plataforma que recordou os informes científicos que existen en contra desta explotación.

MANIFESTACIÓN Mina San Finx

“Esta manifestación debe valer para dar o noso apoio total e absoluto á xente que está loitando e á
xente que está a pelexar polo que nos dá de comer. Non son só os nosos postos de traballo, estamos
a dar de comer a xente de toda España e de Europa, ese é o sector do mar de Galicia”, incidiu
Rogelio Santos antes de engadir: “Debemos apoiar aos grupos ecoloxistas, ás confrarías de Noia,
Portosín Muros e Porto do Son para que cada día se sintan arroupados nas accións xudiciais que se
están levando a cabo e cando poñen a cara por nós publicamente sinalando aos que nos atacan”.
“Si a ría, Non a mina!”, foi o berro unánime final da concentración de hoxe en San Caetano.

MANIFESTACIÓN Mina San Finx 2

Comentarios