Venres. 19.04.2024
El tiempo

Monteagudo: “CxG quere convertirse nun Ciudadanos á galega, e nós cremos na confluencia cas Mareas”

Monteagudo: “CxG quere convertirse nun Ciudadanos á galega, e nós cremos na confluencia cas Mareas”
Henrique Monteagudo abandona CxG Henrique Monteagudo abandona CxG

Henrique Monteagudo, intectual muradán, membro da Real Academdia Galega, e un dos fundadores de Compromiso por Galicia, vén de abandonar a disciplina do partido por diferencias coa dirección. Monteagudo asinou o manifesto “Coa Marea. Por Galicia” xunto cun centenar de militantes (entre os que non está a alcadesa muradá María Xosé Alfonso) que deixan de formar parte do partido.

Falamos con el para analizar as razóns desta nova división da esquerda galega, e os camiños que pode coller esta parte do electorado xa pensando nas vindeiras Eleccións Autonómicas, que se celebrarán en novembro.

Monteagudo entre varios dos membros de CxG Monteagudo entre varios dos membros de CxG  
  • QPC: Despois de que a militancia escollese ir en solitario ás Autonómicas, un grupo deixades CxG asinando o manifesto “Coa Marea. Por Galicia”. Cales son as principais razóns polas que abandonades CxG?

É un asunto que vén de atrás. Xa, antes das Xerais, houbo unha convención na que un grupo defendemos ir coa Marea, porque pensamos que había unha opción clara de ter unha representación galega nas cortes. Daquela saímos derrotados, cun 60-40% a favor de non presentarse, pero creo que comprobamos que os resultados das Xerais nos deu a razón, e pensamos que é claro que o noso electorado na liña progresista e galeguista está tirando polas Mareas.
Criamos que a dirección ía revisar esta idea e irmos en confluencia coas Mareas ás Autonomicas. Pero na nova convención de hai unhas semanas, saíu que Compromiso se presenta en solitario. Xa hai uns meses xa se deu de baixa da organización moita xente da nosa liña, e a liña de centro está sendo maioritaria, e nós non nos sentimos identificados nin cremos que sexa oportuno ir en solitario. Non ten sentido seguir en Compromiso cando esa liña non cremos que vaia ter escaso resultado. Iso si, todo se desenvolveu cun bo ambiente de debate, e, por suposto, quedamos como amigos e bos compañeiros. Pero a discrepancia política é moi grande.

 
  • QPC: Que camiño cres que vai a seguir CxG?

Parece que CxG vai presentarse en solitario ás Eleccións Autonómicas. A nós parécenos suicida, tendo en conta os resultados nas convocatorias anteriores. Ademais, o “xiro dereitista” parécenos un erro. Agora Compromiso quere ser o Ciudadanos á galega, e iso non é o que eu pensaba que eramos. Eu son un dos fundadores e redactores das bases de CxG e iso non é o pensamos ao principio. Nacimos como unha forza transversal, pero que se define como republicana, federalista e progresista. E non creo que Ciudadanos se rixa por esas ideas. Nós cremos que Galicia necesita un gobermo progresista, e librarnos do goberno do PP como sexa. E para iso necesitamos unha confluencia da esquerda.

Por exemplo, en Muros, quen votou a CxG nas municipais? A mesma xente que votou pola Marea nas Xerais e a que vai votar nas Autonómicas. Ese é sector da sociedade á que nos crimos que se dirixía CxG.
A excepción de nomes como Rafa Cuíña, que si que mobilizou votos da dereita, por agora en Galicia non existe o electorado de Centro dereita galeguista que se queira separar do PP. Ogallá chegue a pasar.

 
  • QPC: Considerades que as Mareas deben as vertebradoras da esquerda galega para as vindeiras Eleccións Autonómicas?

Nós cando saímos do BNG e formamos Compromiso fixemos unha aposta valente, pero a resposta que nos dá o electorado é a que é, polo que estaría fóra da realidade non decatarnos. Agora a realidade é que a confluencia. A liña, que comezou con AGE e se concretou cas mareas, levantou a ilusión da xente nova.

 
  • QPC: E cres que as Mareas conseguirán algún outro apoio da esquerda galega ou esta seguirá eternamente disgredada. Porque parece que o BNG tampouco vai querer aliñarse…

Eu creo que as Mareas, independientemente de como se perflie para as eleccións, é unha corriente que abre as portas a moita xente, a maioría sen afiliciación previa. Hai xente de moitos partidos, pero outros moitos non ten militancia anterior. As portas están abertas, pero non creo que hai demasiado confluencia.

 
  • QPC: A nivel local, na Costa da Morte, porque non nacen estas Mareas?

É normal que as Mareas nazab como un fenómeno urbano, porque na nosa sociedade a innovación nace nas cidades. É onde está a xente máis nova, onde hai máis masa crítica. Pero se as Mareas se consolidan, como espero, das cidades vanse estendendo ás vilas, como a Pobra, e das vilas ao rural.

 
  • QPC: Hai xa algunha alternativa en marcha? Outras siglas novas máis ou como dicides “a construción dunha candidatura popular ampla e transversal arredor da Marea”?

O que queríamos deixar claro co comunicado, ademais de explicar as nosas razóns para deixar CxG, era que non imos crear un novo partido nin unha nova corrente, que xa sobran siglas na esquerda galega.
Nós imos apoiar á Marea pero de xeito individual. Sentímonos colaboadores dende o comezo, de feito xa asinei o manifesto inicial o anifesto de creación da Marea en xullo do ano pasado, e colaborei localmente en Ames. Pero vou colaborar dende a independencia porque xa me pesa un pouco o traballo dende dentro. Agora traballarei dende fóra, que ademais co cargo na Academia xa teño abondo.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios