Muros, Carballo e Zas entre as citas da nova xira de Guadi Galego

En apenas 8 horas, agotábanse onte os convites dispoñibles para a estrea na Coruña do novo directo de Guadi Galego, Síntese Horizonte. Un concerto, enmarcado no ciclo Coa Nosa Voz que impulsa a Deputación da Coruña, que terá lugar o domingo 2 de xuño no Teatro Colón, e que demostra a devoción no país que temos pola cantante de Cedeira.
O ciclo provincial (no que tamén estarán Uxía, Ugia Pedreira e a nosa Antía Muíño), abre e nova xira de verán de Guadi, no marco deste Síntese Horizonte, unha proposta expresamente concibida para teatros na que Guadi Galego presenta o seu álbum Roibén.
Nela, Guadi acompáñase dunha banda conformada por Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión) e Álex Fernández (teclados). Completan a formación, como vocalistas e pezas chave do directo, Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Jiménez.
Teremos a sorte de contar con ela en Muros (o 6 de xullo no Muros Mira ao Mar), en Carballo (o 12 de xullo) e máis na Festa da Carballeira de Zas (o 10 de agosto), da que pronto saberemos máis novidades.
Esta é a xira completa de Síntese Horizonte:
- 02/06 - Teatro Colón, A Coruña.
- 04/07 - Festival PortAmérica, Portas.
- 06/07 - Curro da Praza, Muros.
- 12/07 - Alameda de Carballo.
- 14/07 - Campo da Feira da Vila, Meis.
- 31/07 - Por anunciar
- 09/08 - Bertamiráns, Ames.
- 10/08 - Festa da Carballeira, Zas.
- 14/08 - Vilagarcía.
- 16/08 - Por anunciar
- 31/08 - Por anunciar
- 12-13-14/09 - Festival Revenidas.