Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#SEMANASANTA

Muros comeza a Mostra de Teatro Xosé Agrelo por Semana Santa

o_inspector_muxicas_1_0
Imaxe da obra O Inspector, de Teatro de Muxicas, que abre a Mostra Xosé Agrelo
Muros comeza a Mostra de Teatro Xosé Agrelo por Semana Santa

A XIII Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros dará comezo o vindeiro sábado, día 20, en Muros e continuará con un nutrido número de espectáculos ate o día 25 de maio.

Así, este sábado 20 ás 21:30h, o Centro Cultual e Xuvenil acolle o primeiro espectáculo de teatro amador, “O Inspector”, da compañía Muxicas, que pola súa traxectoria e singularidade, pódese considerar unha das propostas de maior nivel no panorama galego. De Muxicas teatro temos que destacar que é un grupo de invidentes, con vinte anos de experiencia e que non deixan de colleitar éxitos, entre os que destaca o Premio Max de teatro afeccionado.
Unha demostración do que significa a integración social por medio do teatro.

O resto do programa

Nas vindeiras semanas o programa continúa coas seguintes propostas, para as que saben que as entradas son de balde pero hai aforo limitado:

  • Xoves 25 de abril, 11:30 h. – Contacontos. A Tropa de trapo “Catro monos”
  • Venres 26 de abril, 12:20 h.- CONTRAPRODUCIÓNS: “Fillos do Sol”
  • Venres 3 de maio, 10:30 e 12:00 h.- GALEATRO “Muiñada”
  • Luns 6 de maio, 10:00 e 11:45 h.- Gustavo del Río “Obradoiro de xogo dramático”
  • Mércores 8 de maio, 10:30 e 12:00 h.- TEATRO DOS GHAZAFELHOS “A máquina do tempo”
  • Sábado 11 de maio, 18:30 h.- ANDARAVÍA TEATRO de Vedra: “Brincacontos”
  • Martes 14 de maio, 11:00 e 18:30 h.- GRUPO DE TEATRO DO CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES e alumnado de 6º do CEIP. RAMÓN DE ARTAZA “A traxedia do bosque”
  • Mércores 15 de maio, 11:00, 12:15 e 18:30 h.- OBRADOIRO DE TEATRO MUROS “A Bela adormecida”
  • Venres 17 de maio, 18:30 h.- GHAZAFELHOS “Acuario”
  • Venres 17 de maio, 21:30 h.- O QUE FALTABA TEATRO DA A.VV. O FERROLLO DE TRASDACOSTA “A tía solteira”
  • Sábado 18 de maio:
    - 18:30 h.- Presentación libro AGRELO HERMO, X. “Cousas de Pepe” e
    - 19:00 h.- Escenificación GRUPO DE TEATRO O XEITO “Contos e Cousas de Pepe”
  • Luns 20 de maio, 16:00 h.- Proxección e concerto “Vértice de versos”

Comentarios