Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muros lembra a Pepa Sestayo

Pepa Sestayo segunda pola dereita. En orde estamos Domingo, Inés, Amalia, Alejandro, Pepa e Carme. Ao fondo pode verse a obra de Pepa exposta hai uns anos
Pepa Sestayo segunda pola dereita. En orde estamos Domingo, Inés, Amalia, Alejandro, Pepa e Carme. Ao fondo pode verse a obra de Pepa exposta hai uns anos
Muros lembra a Pepa Sestayo

O Centro Multiusos de Sel acollerá nos vindeiros días unha Exposición-Homenaxe á pintora Pepa Sestayo, que nos deixou en outubro do ano pasado.
A inauguración oficial da mostra, presidida pola alcaldesa da localidade, Inés Monteagudo, terá lugar o domingo, día 24 de xullo de 2022, ás 13 horas.

Segundo informou Domingo Guerra, que tamén participará no acto co discurso inaugural, parte do universo da obra de Sestayo estará acompañada por cadros do colectivo Croma, que fundara a autora muradá xunto a Amalia Costa, Carme Senande e Montse París, e ao que se uniu posteriormente Alejandro Senande, para exhibir durante estes últimos veráns as súas máis recentes creacións. Ademais dos autores mencionados, poderase contemplar na mostra traballos doutros pintores, como Fernando Rei, Antonio Lago e Alba Fernández, veciños de Muros que tamén quixeron sumarse á iniciativa.

En palabras de Domingo Guerra, Pepa Sestayo foi sempre unha abandeirada da liberdade para pintar coa alma, que perfeccionou a súa aprendizaxe experimentando co uso da cor e mesturando elementos xeométricos primarios, propios do cubismo, con ese estilo propio tan característico e que tan ben a define. Porque a súa evolución, desde os seus primeiros inicios nas clases de debuxo na Escola de Baño, de moi nova, ata os estudos en Compostela, na escola taller de Isabel Torres, foi un tránsito constante cara o expresionismo figurativo que dominaba á perfección.

A exposición poderá visitarse desde o día da súa inauguración ata finais do mes de agosto.

As peixeiras. Pepa Sestayo
As peixeiras. Pepa Sestayo

Comentarios