Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Muros mira Galiza en Branco e Negro

Muros mira Galiza en Branco e Negro
Exposicion de Galiza BN en Muros-Foto-Juanma Ronquete Exposicion de Galiza BN en Muros-Foto-Juanma Ronquete

Fermosa a estampa do Muíño do Pozo de Cachón coas fotos da I Exposición Colectiva GALIZA B/N. Na tarde do sábado inaugurouse esta exposición colectiva ante unhra gran espectación. O muradán Quin Caamaño, xunto coas concelleiras Charo Fernandez, de cultuta e Sandra Maneiro, de turismo, foron os encargados de facer a presentación da expo a uns 40 asistentes ao evento.

Nelas podemos ver a visión tan particular dos 40 artistas que deixan a súa pegada en Muros, deste grupo de amantes da fotografía en blanco e negro, que está a percorrer Galiza e Norte de Portugal.

Entre os artistas temos algúns veciños como o muradán Quin Caamaño ou o ceense Juanma Ronquete, que compartirán as súas imaxes con Abel Pereira Matalobos, Alberte A. Pereira, Alex Carral, Ana Rey, Angel Gilberto “Papigil”, Antonio G. Eiras, Beatriz Maroño, Carlos Dobaño, Carmen Cristino, Delio Sánchez, Elena Abad, Emilio Luis López, Felipe Ogando, Fran Nieto, Fco. Carlos Cubiles Ortega, Francisco Javier Bayolo Hermida, Gloria López Méndez, Isabel Janeiro, Isidro Cea, Jaime Varela, Javi Bregua, José Luis García Mendoza, Jose M. Suárez Domínguez, José Manuel Nóvoa Blanco, Juan De Dios Romero, Luis Leclere Rodríguez, Manuel Muíños García, María José Rivera Romero, María Llavona, Máximo Vázquez Villar, Roberto Rey, Ruairi O’Donell, Rubén Blanco Fábregues, Sebas Rozas, Sonia María García García, Tonete López, Vanesa Nogueira e Verónica F. Blanco.

Un Colectivo que nace na rede

Galiza Branco e Negro é un colectivo fotográfico xurdido en marzo do ano 2009, e integradomaioritariamente por afeccionados e algún profesional que teñen entre si como nexo común o gosto polo procesado en branco e negro e a súa relación con Galiza, ben sexa por teren nacido aquí ou por seren residentes. O colectivo ten presenza nas redes sociais dende Flickr na súa orixe (http://www.flickr.com/groups/galizabn/), mais recentemente como grupo de Facebook (https://www.facebook.com/groups/galizabn/), e próximamente con conta en Twitter, blogue en Tumblr e páxina de Google+.

Máis visitas pola Costa

Ademais estará en:
  • Carballo: Do 26 de xullo ao 15 de agosto 2014 · Museo do antigo cárcere de Bergantiños.
  • Camariñas: Do 6 setembro ao 3 de outubro 2014 · Faro de Cabo Vilán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios