Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Muros podería acoller un cultivo de salmón da Arousa

Muros podería acoller un cultivo de salmón da Arousa
A Consellería do Mar estuda a posibilidade de trasladar ao porto de Muros (pendente da nova ordenación da dársena) as dúas gaiolas experimentais para o cultivo de salmón que na actualidade se atopan na ría de Arousa, no polígono Ribeira C. O dixo onte na comisión 8ª o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, que deixou claro que a Xunta non comparte este modelo de cultivo mentres non sexa viable social, económica e ambientalmente e lembrou que se trata ”dunha situación herdada, perniciosa e mal xestionada polo anterior goberno dende o primeiro momento”. O director xeral considera que o polígono Muros C é o lugar máis axeitado das 4 alternativas que lle propuxo a empresa adxudicataria, “por ser a única zona onde xa estaba autorizado un polígono dedicado aos cultivos mariños e totalmente baleiro, e non coma a Ría de Arousa, que está masificada”. Ademais destacou que a distancia que existe cos outros polígonos ocupados por bateas é suficientemente grande para non prexudicar á flora e á fauna e que as condicións físico-químicas e biolóxicas da zona cumpren cos requirimentos que a empresa considera axeitados para o cultivo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería do Mar.

Comentarios