Muros propón outro outono de teatro


Un dos Concellos que mellor apostan pola programación teatral continúa é o de Muros. De feito, vén de presentar o seu programa de outono, co que encherán estes 3 meses con 10 actuacións teatrais.“Animais de compañía”, de Teatro do Noroeste, será a primeira cita que abrirá o Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros nesta nova tempada teatral 2018/19. A cita o sábado, 6 de outubro, ás 18:00 horas. Unha fábula moderna sobre as relacións humanas, “Animais de compañía” é unha comedia musical escrita e dirixida por Eduardo Alonso e representada polas actrices Manuela Varela e Imma António.
Un completo programa
Completo é o programa teatral deste espazo para este outono, para o que as entradas son a 2,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural e xuvenil de Muros.
Data |
Hora |
Compañía |
Espectáculo |
Programa |
06-10-2018 |
18:00 |
TEATRO D NOROESTE |
Animais de compañía |
RGTA |
13-10-2018 |
18:00 |
MAGO BENXAMÍN |
A toda Maxia |
REDE C. DEPUTACIÓN |
20-10-2018 |
21:30 |
CONTRAPRODUCIÓNS |
COMMEDIA |
RGTA |
03-11-2018 |
20:30 |
TROTACONVENTOS |
Historias de Reloxo |
|
10-11-2018 |
21:30 |
QUINQUILLÁNS Teatro |
Language planning |
REDE C. DEPUTACIÓN |
17-11-2018 |
21:30 |
XORE Teatro |
Pementeiras |
RGTA |
01-12-2018 |
18:00 |
Elefante Elegante |
PATAPATÚM |
RGTA |
15-12-2018 |
20:30 |
Sal-Monela teatro |
Políticamente incorrecto |
|
22-12-2018 |
21:30 |
REDRUM producións |
Estás aí? |
RGTA |
29-12-2018 |
18:00 |
EducaTeatro |
Carapuchiña Vermella |
RGTA |