Muros protagoniza o comezo da campaña #CadaCabichaConta

07:48 15/10/25
Parece que a loita contra as cabichas chegou para quedar. Vímolo coas campañas recén comezadas en Camariñas e tamén en Corcubión, facendo referencia a que o mar empeza en cada sumidoiro, sempre coas cabichas no foco.
O colectivo NoiaLimpa vaino facer tamén na ría de Muros e Noia, e escolleu a vila de Muros para facer a presentación da campaña #CadaCabichaConta.
A primeira acción será a instalación dun cinceiro colectivo en Muros e Noia para que poidas depositar cada cabicha, tendo en conta que só unha cabicha pode contaminar ata 50L de auga e tardar mais de 10 anos en descompoñerse.
A cita será o venres 17 ás 11:30 na Lonxa de Muros.