Martes. 14.05.2024
El tiempo

Muros vócalse co Mercadiño Solidario para arrincar o Nadal

Muros vócalse co Mercadiño Solidario para arrincar o Nadal
Mercado de Abastos de Muros

O venres, 12 de decembro, no Mercado de Muros, celebrarase por duodécimo ano consecutivo o Mercadiño Solidario de Nadal, organizado pola Concellería de cultura, deportes, educación e mocidade de Muros en colaboración cos centros de ensino do municipio, o centro ocupacional de Valadares e os obradoiros municipais. O horario será de 11:00 a 13:30 horas.

Este ano participan os/as alumnos/as dos obradoiros municipais de arte floral, os usuarios do Centro Ocupacional de Valadares e tódolos centros de ensino primario e infantil do municipio: CEIP plurilingüe de Louro, CEIP Ramón de Artaza, CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, Escola de Educación Infantil de Tal e Escola de Educación Infantil de Muros.

A recadación será entregada a Cáritas de Muros e a Cáritas de Esteiro, a fin de que sexa destinada a axudar ás familias máis necesitadas do municipio.

Destacar en primeiro lugar o entusiasmo e calidade do traballo de tódolos alumnos/as participantes. E tamén hai que destacar tamén o traballo destas asociacións, que logran facer máis levadeira a crise ás familias con máis carencias de todo o municipio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios