Muros xa ten programa salgado para as Xornadas Mariñeiras

Completa será a fin de semana en Muros. As X Xornadas Muros mira ao mar volven implicar a todo o pobo, para deixar unha fermosa vila mariñeira engalanada ata arriba de sal.

Hoxe traemos o programa completo das Xornadas, que como vedes trae un pouco de todo: Charlas, pasarrúas, obradoiros, gastronomía, artesanía, música, teatro, concursos…

E hoxe queremos destacar unha actividade, da nosa amiga, autora dos Premios da Gala do Fútbol da Costa; Viki Rivadulla, que ñevara o seu mar a Muros. A mostra de pintura e escultura “O mar, o barco e mais nós” estará do 4 ao 15 de 15 na Fábrica de Sel de Muros.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).