Luns. 29.04.2024
El tiempo

O pobo vócalse co décimo aniversario das Xornadas Muros mira ao Mar

O pobo vócalse co décimo aniversario das Xornadas Muros mira ao Mar
X Xornadas Muros mira ao mar 2014

Xa están en marcha as X Xornadas de cultura mariñeira “Muros Mira ao Mar” para este 2014. Unha festa que naceu no 2004 como unha aposta innovadora de turismo cultural, que conxugase as raíces do patrimonio mariñeiro coa difusión turística dunha das vilas mariñeiras máis fermosas de Galicia.

Esta xa é a décima edición, e os apoios cada vez son maiores, e o Concello xa conta coa colaboración de institucións como a Xunta de Galicia, Portos de Galicia ou o Museo do Mar de Galicia, así como, e moito máis importante, de colectivos locais como Xubimar, Confraría de Pescadores de Muros, Asociación Fotográfica de Muros e A.VV. A Ostreira. I é que o pobo é a alma deste mercado, que ten como gran característica a involucración de todos os veciños.

Este ano, as X Xornadas desenvolveranse os 4, 5 e 6 de xullo, como podemos ver no cartel. Un cartel que se decidía tras un certame entre os centros escolares, e que gañaba finalmente Íker Romero Caramés.

Este ano volveremos disfrutar do extenso programa de actividades con exposicións, obradoiros tradicionais, espectáculos das artes escénicas e musicais, degustacións, concentracións e regatas de embarcacións tradicionais, mercado mariñeiro, carpas temáticas…
Conseguindo “que o mar e Muros sexan un binomio inseparable”.

Concurso de ambientación

A Ambientacion e un dos tesouros do Muros mira ao mar

Unhas Xornadas que se caracterizan polo marabillosamente engalanado que está o pobo. Así, a comisión organizadora de Muros Mira ao Mar vén de convocar o IV Concurso de ambientación e decoración mariñeira tradicional.
Poderán presentarse ao mesmo os comercios e locais hostaleiros con estabelecemento aberto ao público na vila de Muros. Deberán inscribirse para tal fin, entre o 2 de maio e o 24 de xuño.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios