Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Arrinca unha nova revolta Irmandiña co #AsaltoaoCastelo14

Arrinca unha nova revolta Irmandiña co #AsaltoaoCastelo14
Asalto ao Castelo de Vimianzo 2014

Medidados de século XV e seguen os nobles dominando as Terras de Soneira dende o impontente Castelo de Vimianzo. Pero hai un ruxe-ruxe polo Val, algo se rumorea. Parece que as bravas xentes da Cherinkas están preparando unha nova Revolta Irmandiña. Lumeeeee!!!

Xa van varios meses, e o sabemos de boa tinta, que as xentes do Asalto ao Castelo de Vimianzo están en marcha. Pero esta é a primeira comunicacion pública de cara á edición número 19 desta singular festa. I é que xa está aberto o prazo para inscribirse na IV Feira Artesanal do XIX Asalto ao Castelo de Vimianzo.

Xa cunha boa marca fixada na #AxendaCostadaMorte para 5 de xullo deste 2014, unha das premisas deste ano para os bravos da A. X. Cherinkas é potenciar a IV Feira Artesanal. Encadrada no programa de actividades do Asalto ao Castelo, volverá a ter cabida na praza do Concello e na rúa Vázquez Mouzo e contará cos atractivos derivados da ampla variedade artística que animará esa zona en todo momento.

Esta Feira Artesanal, seguirá gozando de difusión e asentándose cada vez máis na memoria da xente que en cada edición nos visita en maior medida e terá presenza en todos os soportes informativos da festa. A actividade encaixa á perfección co espírito do Asalto, por canto esta festa se basea na tradición, e os asistentes –a maioría axuda a recrear a historia vestíndose de época– encontrarán na Feira outro motivo máis de homenaxe aos tempos pasados, afastados das novas tecnoloxías.

Paralelamente, este ano, a representación vai traer algunha que outra novidade. Dende a Cherinkas andan na procura dun novo director da posta en escena, unha vez que Ghillermo Méndez decidíu descansar este curso, i é que a dedicación que lle metía esixía demasiado. Os actores fican tristes pola falta do seu xefe, pero esperan que a obra quede en boas mans, como de seguro que así acontecerá.

Ademais, non podemos desvelar nada, pero o Festival este ano vai traer moita cola…

Máis información e inscrición

Existen dúas vías de inscrición: unha de forma telemática a través da ficha que está colgada na páxina web da festa www.asaltoaocastelo.org e outra de forma presencial no Departamento de Cultura do Concello de Vimianzo (Casa de Cultura de Vimianzo) onde atoparán os formularios de inscrición impresos (os cales tamén os poden descargar por si mesmos na mesma páxina web). Para máis información [email protected] ou 665957289.

Máis información

Novas relacionadas

Axenda Sonora

Fonte

Comentarios