Martes. 21.05.2019
El tiempo

#MúsicosdoPobo, o novo proxecto musicosocial que tece Muros

#MúsicosdoPobo, o novo proxecto musicosocial que tece Muros

Segue Muros demostrando o seu potencial musiqueiro. E faino coa presentación dun novo proxecto musicosocial. Músicos do Pobo nace despois de varios anos de traballo desinteresado na sombra de moitas persoas vinculadas coa activa vida musiqueira da vila muradá. Nace coa intención de recoller parte da historia musical muradá e, sobre todo, xuntar o máximo número de xente posible para gravar cancións, pasar un bo rato, e unirse a través da música.

Os promotores, dos estudio BoaVista, convencidos de que a música é a linguaxe universal e que esta pode chegar a unir as persoas sen importar clase ou condición, teñen un bo desafío por diante: xuntar a máis de 100 músicos de diferentes idades, estilos e gustos para grabar máis de 30 covers (ou versións) cos seus respectivos videoclips. Estas grabacións serán publicadas a través das redes sociais oficiais do proxecto.

Despois da posta en escena, o proxecto rematará nun multitudinario concerto onde participarán o maior número de músicos involucrados no proxecto. Os fondos recaudados deste concerto destinaranse a causas benéficas xa que o proxecto será 100% sen ánimo de lucro.

O proxecto #MúsicosDoPobo nacía este venres coa presentación do seu primeiro vídeo da man da banda "Barrigada", gravado por Carlos Outes, co audio colleitado polo Estudio Boavista, que é unha versión do mítico "Blanco y negro" de Barricada, con Jesús (batería), Gabino (Baixo e coros), Perero (guitarra), Ginkana (guitarra) e Jaime (voz).

Novas relacionadas

Comentarios