Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Noelia Siaba cóntanos como se vive a pandemia en NYC

Noelia Siaba cóntanos como se vive a pandemia en NYC

Imos ata NYC, un dos epicentros da pandemia mundial. Unha cidade con máis de 18 millóns de habitantes, e que ten máis cantidade de casos positivos de coronavirus que en toda España (327.000) e ronda o mesmo número de mortes que no noso estado (arredor das 25.000 de hoxe). Non foi a primeira zona afectada dos EEUU pero a día de hoxe ten o récor de falecidos e infectados de todo o país. Así e todo parece que conseguiron baixar a curva e a saída do túnel está máis preto.

Falamos coa muradá Noelia Siaba, traballadora da Casa Galicia, o corazón galego na gran mazá, cunha presencia de xente de Muros e Carnota verdadeiramente importante. Nós de feito, xa estivemos alí polo 2014, e queremos saber como vive de primeira man a diáspora costeira esta situación.

Noelia repasa o estado da Casa Galicia e nos conta a súa acción solidaria, da man do club de fútbol Casa Galicia NY, doando 150 comidas a dous dos hospitais máis afectados pola crise sanitaria. Cóntanos ademais como se viviu a histeria social, e debúllanos como son as normas de confinamento e de “desescalada” nun país onde os estados teñen potestade para tomar as súas decisións por riba das palabras, case sempre istriónicas, do seu presidente.

Novas relacionadas

Comentarios