Unha nova balea morta no porto de Muros

Balea no porto de Muros

Aínda vai haber que reactivar a baleeira de Caneliñas. Unha nova balea morta chegaba hoxe ao porto de Muros, logo de ser atopada flotando entre Portosín e Montelouro. Foi a embarcación de Salvamar coa axuda do GES de Muros as que escoltaron enorme corpo da balea ata o peirao muradán, onde mañá será retirada.

Este ano non poderán realizar despezamento que permitiu facer unha profunda investigación como o realizado en 2013.

Muros volve asi servir de cemiterio de animais exóticos. En 2011 tamén outra balea apestaba o porto de Muros durante varios días, e ese mesmo ano ata recolleron unha tartaruga enorme.

Novas relacionadas