Unha nova balea morta no porto de Muros
18:27 23/05/21
Aínda vai haber que reactivar a baleeira de Caneliñas. Unha nova balea morta chegaba hoxe ao porto de Muros, logo de ser atopada flotando entre Portosín e Montelouro. Foi a embarcación de Salvamar coa axuda do GES de Muros as que escoltaron enorme corpo da balea ata o peirao muradán, onde mañá será retirada.
Este ano non poderán realizar despezamento que permitiu facer unha profunda investigación como o realizado en 2013.
Muros volve asi servir de cemiterio de animais exóticos. En 2011 tamén outra balea apestaba o porto de Muros durante varios días, e ese mesmo ano ata recolleron unha tartaruga enorme.
Novas relacionadas
- Marzo 21: Despezando o libro sobre a baleeira de Caneliñas,
- Novembro 2013: O proceso para despezar a balea enferma de 26 toneladas que varou en Muros.
- 2020: Unha visita moi cariñosa de Manoliño, o golfiño solitario da ría de Muros.
- 2020: Aparecen numerosos cadáveres, petroleados, de araos nas praias da comarca.
- 2019: Invasión de Veleiriños, e algunha caravela portuguesa, en Area Maior.
- 2018: Aparecen dous novos golfiños nos areais de Muros.
- 2011 Unha balea apesta Muros.
- 2011: Muros, cemiterio de animais exóticos.