Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG de Muros denuncia que o PSOE aumenta os soldos políticos en 50.000€

O BNG de Muros denuncia que o PSOE aumenta os soldos políticos en 50.000€

Critica o BNG de Muros hoxe a postura da nova alcaldesa Caridad González, para cos soldos políticos. Segundo denuncia a oposición, Caridad, en calidade de procuradora, está a presentar no xulgado diferentes recursos e demandas para que os membros do anterior equipo de goberno devolvan o que cobraron. E ao mesmo tempo o novo grupo de goberno do PSOE presenta unhas propostas de retribucións, que, para o BNG, "son abusivas"

O PSOE solicita unha dedicación parcial cunha retribución de 2500 € /mes e catorce pagas anuais para a Alcaldesa, unha dedicación exclusiva cunha retribución de 1800 €/mes e catorce pagas para o concelleiro delegado de obras, mantemento e medio ambiente, dúas dedicacións parciais cunhas retribucións de 1200 €/mes e doce pagas anuais para outras dúas concelleiras.

Según o propio informe de intervención "isto supón un incremento de 51.460 € anuais con respecto á anterior corporación", algo que non lle "parece de recibo neste contexto de crise" ao BNG.

O BNG matiza que "sempre defendemos que o que traballa debe cobrar e consideramos ademáis que Muros necesita e merece que se lle dedique tempo, polo que a nós o máis acertado pareceríanos unha dedicación exclusiva para a Alcaldía, máxime tendo en conta que o traballo de procuradora da actual Alcaldesa é , dende o noso punto de vista, incompatible co traballo de Alcaldesa". Pon exemplos a voceira do BNG María Xosé Alfonso, de como "as decisións como Alcaldesa afectan a procesos nos que ela como procuradora representando a unha das partes e, estando nas dúas partes non están garantidas nin a obxectividade nin a imparcialidade, como no asunto das carrilanas de Esteiro ou o derribo dunha parede na zona do Campo de San Roque en Louro, por exemplo".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios