O BNG de Muros pide o arranxo paseo de Esteiro e a colocación dunha sinal no Corridor de Noia
Dúas mocións as que presenta o BNG de Muros nestas últimas sesións plenarias.
Arranxo do paseo de Esteiro
A primeira vai relacionada co estado "lamentable" do paseo marítimo de Esteiro. Sinalan que a maior parte das travesas de madeira que o forman están rotas ou podres e é prácticamente imposible ir por el nunha cadeira de rodas ou cun bebé nunha silla ou cochiño. Tamén teñen especiais dificultades as persoas maiores e as que teñen problemas de visión e de feito, denuncian que xa houbo algún que outro accidente.
Tras pasar o proxecto de mans a mans, entre Concello, Xunta, Costas, Ministerio de Medio Ambiente... e dado o alto investimento necesario, o BNG muradán esixe que en habendo xa aprobada unha partida presupuestaria, presentan unha moción na que "instan ao Ministerio de Medio Ambiente a adoptar as medidas necesarias para que estas obras de restauración do paseo marítimo de Esteiro se efectúen de maneira urxente".
Sinal no corredor CG-1.5
Dende o BNG consideran importante colocal un bo sinal dirección Muros no punto kilométrico 27 dirección Noia do corredor CG-1.5. Nese punto hai un gran panel indicador con fondo cor castaña de Noia, o que invita a que aquelas persoas que circulan por esta vía sen un destino fixo se desvíen cara a Noia.
Para o BNG, é fundamental colocar un cartel cara Muros que incite aos visitantes a coller esa dirección, dado que agora a nova ponte do Engano (Outes) reduciuse notablemente o tempo necesario para chegar dende Santiago e arredores ata o noso concello, o cal favorece a afluencia de turistas ó noso concello e ás nosas praias. Así, presentou unha moción para pedirllo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
Novas relacionadas
- 2 millóns de débeda do Concello de Muros?.
- O Cine París xa ten proxecto de rehabilitación.
- SORUM premia ás figuras máis destacadas do ano en Muros.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Muros.