Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG denuncia que Muros pode quedar sen POS

O BNG denuncia que Muros pode quedar sen POS

Así o asegura o BNG muradán, a través do blog da súa voceira María Xosé Alfonso. I é que tralo pleno do pasado xoves, a oposición conclúe que están en perigo preto de 250.000€ para empregar en obras e servizos "polo mal facer da alcaldesa".
Dende o BNG entenden que o grupo de Goberno debería consensuar as obras do POS cos dous grupos da oposición, que xa prantexaron cales serían as súas obras prioritarias, se ben o BNG indica que non puido presentar a súa moción coas súas propostas por un "novo abuso de poder da alcaldesa". Pero polo de pronto as obras quedan paralizadas e o investimento no aire.

Propostas

O PSOE muradán prantexou incluir as obras dub «Centro para a promoción e reinserción social de desempregados do Concello de Muros» e o «Acondicionamento e mellora da área de instalacións do campo de fútbol» de Miraflores. Dende o BNG consideran que as obras en Miraflores son necesarias pero sinala que debería incluír tamén a reforma dos vestiarios.

Pero a o Centro de reinserción é o que non lle cuadra a oposición, malia que queren deixar claro que é unha prioridade para eles porque sería unha nave máis para un viveiro de empresas polo que levan anos loitando. O caso, segundo denuncia o BNG é que o proxecto tal e como o presenta o PSOE necesitará dos fondos do POS e do Ministerio, algo que se cadra non é compatible.

Por iso precisamente aseguran que votaron en contra os membros do BNG, porque a súa inclusión complicaría o remate do viveiro de empresas.

Viveiro de empresas

Precisamente a voceira do BNG criticaba polo Facebook á alcaldesa, asegurando que "dixo no pleno que non ía haber problema co prazo do Ministerio para xustificar a obra do viveiro de empresas porque xa ela se puxera en contacto co Ministerio e lle dixeron que non ía haber problemas para unha nova prórroga". Sen embargo, dende o BNG sinalan que "a prórroga que remata o 30 de xuño e é improrrogable".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios