O BNG muradán repudia o regulamento municipal da "galegofobia"
Xa temos falado da tensión aberta no Concello de Muros por mor da lingua. Algo que debería estar xa superado pero que parece que incomoda a grupo de goberno e oposición. Nas últimas semanas, ademais da denuncia realizada ante o impedimento do uso do galego no xulgado, xa pediron a destitución do asesor xurídico do Concello de Muros por incumplir o uso do galego.
A semana pasada, concrentamente o 25 de abril, día da Revolición dos Caraveis, o Concello de Muros aprobaba unha moción, que segundo o BNG "non só vulnera a “Lei de Normalización Lingüística”, se non que busca lexitimar o continuo desprezo que a cidadanía está a sufrir cando son des-atendidas por un dos cargos de confianza da Alcaldía".
Denuncia o BNG a "deriva retrograda e dereitista" do grupo de goberno, e lamentan que se ben dende o 2001 o Concello "sempre foi pioneiro na defensa e promoción do idioma propio de Galicia" coa aprobación do “Regulamento Municipal do Uso do Galego”, desta volta, "o goberno do PPSOE mostra a faciana máis galegófoba das sufridas desde a morte do vixía de occidente".
Novas relacionadas
- Piden a destitución do asesor xurídico do Concello de Muros por incumplir o uso do galego.
- No Xulgado de Muros, en castelán.
- O Concello de Muros volve impedir que se graven os plenos.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Muros.