Domingo. 15.09.2024
El tiempo

O PP de Muros pide a baixada do IBI

O PP de Muros pide a baixada do IBI
O IBI e o Imposto sobre os Bens Inmobles O IBI e o Imposto sobre os Bens Inmobles A famosa contribución segue xerando disputas na bisbarra. Se hai uns días era o BNG de Camariñas o que protestaba polo adianto do pago do imposto, agora son os membros do partido Popular de Muros os veñen de presentar unha moción na que solicitan ao goberno local que non se demore máis o cumprimento da baixa do IBI - Imposto sobre Bens Inmobles -. Segundo recordan os populares, no pleno do 26 de novembro de 2015 aprobouse unha baixada do 0,4% para bens de naturaleza urbana e ao 0,3% para os de naturaleza rústica. Os do PP indican que se propón ao pleno solicitar ao Ministerio de Facenda unha moratoria en relación coa regularización catastral, de tal modo que se teñan en conta as características dos concellos galego. Aquí recóllese que as edificacións e explotacións agrarias, gandeiras e similares conten con exencións para evitar unha sobrevaloración do patrimonio dos titulares destas explotacións e, que polo tanto, non os perxudique á hora de solicitar unha beca para os seus fillos. "Pasaron cinco meses dende a aprobación polo pleno da moción do grupo Popular na que se pedía a baixada do IBI e a aplicación de bonificacións, e o goberno local non dá mostra de estar pola labor de executar o acordo, nen este nen outros, como non se dou cumprimento ao acordo para facer o seguimento das obras da piscina, que se demoraron oito meses, ou o de promoción do leite galego, ou o acondicionamento do cemiterio municipal da Atalaia, ou as actuacións de prevención de violencia de xénero", sinalan os do partido Popular de Muros. Consecuencias Ao seu parecer, "esa deixadez está ocasionando perxuízos aos veciños e ás veciñas de Muros". Os populares sinalan que no concello se siguen vivindo os problemas co alumeado público, co servizo de recollida de lixo e no abastecemento de auga potable. Ademais, critican a falta dunha planificación turística e de promoción económica do municipio. Segundo indican os populares, o goberno local de Muros renunciou a solicitar o Plan de Aforro e Investimento da Deputación da Coruña - de máis de 200.000€- "alegando que os investimentos que pedía o grupo popular se ían executar con cargo ao orzamento". Para os do PP esta xustificación é "unha mostra máis do despropósito no que estamos sumidos". Por estes, e por outros moitos motivos máis, os membros do PP instan "unha vez máis" ao goberno de CxG a "dialogar e tratar de chegar a acordos" polo ben do concello. Segundo eles, desta forma, evitaríase a "degradación do municipio" que se reflicte na perda da poboación, nas tasas de desemprego, no peche de negocios e comercios, etc. Novas relacionadas Fonte

Comentarios