venres. 08.11.2024
El tiempo

O PP de Muros presenta unha proposta para o POS+ da Deputación

O PP de Muros presenta unha proposta para o POS+ da Deputación
O grupo popular de Muros vén de presentar unha proposta para a convocatoria do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal "POS+ 2017" debido "á falta de inciativa do goberno de Compromiso por Galicia". Segundo indican os populares, a asignación ao concellos está repartida en tres conceptos que, no caso de Muros sería por un importe de 753.390,42€. "Este programa sustitúe ao POS, PAS e PAI doutros exercicios, que o ano pasado para o concello de Muros asignou un total de 803.004,34 €" indican os populares. O prazo para presentar as propostas para este POS+ remata o vindeiro 24 de febreiro "sen que a data de hoxe o executivo local de CxG iniciara ningún diálogo nen fixera ningunha proposta sobre o destino destes fondos" reiteran dende o PP muradán. Entre as propostas presentadas polo PP figura as obras de acondicionamente do cemiterio municipal da Atalaia; as obras de retirada do palco da praza do Cristo de Tal e o acondicionamento do espazo; a mellora das instalacións do campo de fútbol Eleuterio Balayo, principalmente nos vestiarios e na cantina; tamén piden a habilitación dun punto de recollida de residuos urbáns na estrada do convento de Louro; a construcción do camiño da Fonte na parroquia de Torea; a regulación do tráfico e aparcamentos dende a alameda de Esteiro ata o Artón e a recollida de augas pluvais da estrada da igrexa de Abelleira. Novas relacionadas Fonte

Comentarios