Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O PP de Muros solicita un pleno extraordinario para tratar as obras do POS+ 2017

O PP de Muros solicita un pleno extraordinario para tratar as obras do POS+ 2017
"Ante a falta de diálogo do goberno de CxG e os desplantes aos grupos da oposición" os integrantes do Partido Popular de Muros piden a celebración dun pleno extraordinario para tratar as obras do POS+ 2017. Segundo sinalan os populares o prazo para presentar as propostas e proxectos ao POS+ reata o vindeiro 24 de febreiro, "este é o terceiro intento que facemos para acordar entre todos os grupos as propostas para este programa". O primeiro dos intentos foi no pleno do pasado 17 de xaneiro cunha moción presentada polo PP na que pedían que se incluiran no plan POS+ 2017 unha serie de obras. A non ser debatida dita moción no pleno ordinario, a alcaldesa convocou unha xunta de voceiros que se celebrou o pasado 23 de xaneiro. "Dado que o próximo día 24 de febreiro remata o prazo de presentación de propostas ao POS+2017, convocado pola Deputación de A Coruña, e non se celebrou ningunha comisión informativa na que tratar as obras que se van incluir neste programa, nen a xunta de voceiros prevista, consideramos necesaria a celebración dun pleno extraordinario no que se formalizen os acordos acadados na xunta de voceiros do día 23 de xaneiro" sinalan dende o PP de Muros. Novas relacionadas Fonte

Comentarios