Martes. 30.04.2024
El tiempo

Obras de saneamento en Muros para evitar filtracións nas vivendas

obras saneamento muros outeirino
Obras de saneamento en Muros para evitar filtracións nas vivendas

A Brigada de Obras do Concello de Muros realiza estes días uns traballos de mellora na rede de saneamento de Outeiriños, na parroquia de Serres.

“Estas actuacións nas parroquias son unha prioridade para o goberno local, xa que son as que melloran a vida diaria dos nosos veciños e veciñas”, explica a alcaldesa, María Lago.

En concreto, os traballos consisten “na substitución dunha tubería de pluviais de fibrocemento que provocaba filtracións nas vivendas e garaxes do lugar”, explica a concelleira de Obras de Muros, Laura Rivadeneira.

“No seu lugar, os operarios do concello poñen unha tubería de pvc de 315 ml de diámetro, que supón un aumento de caudal e máis de 70 metros lineais de canalización”, engade Rivadeneira.

Comentarios