Ofertan cursos para convertir aos profesionais do mar en guías turísticos
Seguen os fondos europeos empeñados en cambiar o modelo económico no que se leva sustentando boa parte do noso país nas últimas décadas, axudando a que as xentes do mar deixen a pesca e se dediquen ao turismo.
Nesa liña nace o novo proxecto de Turismo Mariñeiro do GALP Costa Sostible (do que forman parte os concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son). Trátase dunha serie de cursos de formación especializados en Turismo Mariñeiro, para que os profesionais de marisqueo a pé, e os profesionais da pesca costera artesanal poidan mostrar aos nosos visitantes como é unha xornada do seu traballo e a súa forma de vida.
Os cursos para marisqueo a pé, desenvolveranse nas localidades de Noia e Muros, e os de pescaturismo atenderán a procedencia dos profesionais insctiros . Ademais da formación, o Galp oferta a posibilidade de que aqules interesados en
desenvolver a actividade, reciban tutorías especializadas e dirixidas ao entorno onde se desenvolve o seu traballo, outra novidade que se ofrece aos participantes será a posibilidade de exercer de turistas pudendo realizar unha experiencia de turismo mariñeiro xa en funacionamento.
As dúas modalidades formativas prsentaranse en dúas xornadas en dúas xornadas, que terán lugar o vindeiro 8 de febreiro no seguinte horario e lugares:
- Ás 16:30 horas nas instalacións do GALP Costa Sostible en Noia.
- Ás 19:00 horas na lonxa de Muros.
O número máximo de participantes na modalidade de marisqueo a pé é de 20 personas (repartidas en 4 cursos), e no caso de pescaturismo haberá 10 prazas (divididas en 2 cursos).
Poden inscribrise aos cursos de Turismo Mariñeiro a pé aquí, e nesta ligazón ao de Pescaturismo.
Para máis información, pódese contactar con GALP Costa Sostible no 981 822 754 ou en [email protected]