Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea

Aí están, despois de moitos anos subidos aos escenarios de todo o país, e continúan gañando certames. Os muradáns Trapos Sucios veñen de levar o primeiro premio do Concurso de Bandas Festival Rock in Río Tea, de Ponteareas. Onte, sábado 5 de abril, celebrábase a gran final e os costeiros “competían” cos vigueses Tronka Jazz Quarter, aos que deixaron levar o segundo premio.

Así contaban os organizadores a vitoria dos roqueiros muradáns: ”Trapos Sucios volveu a demostrar que é o merecido gañador do concurso. Sobrepoñéronse á dificultade de non poder contar co baixista da banda (Manuel Romero (Tararo)), e tras un durísimo día de ensaios no que o seu guitarrista cambiou de instrumento volveron a conquistar ó público do JJ. Locura colectiva dende o primeiro ó último acorde. Uns mostruos”, os Germán Mosqueira - Voz, Ricardo Mayo (Kaio) - Guitarra, Denís Lamela - Guitarra e Pedro A. Lago - Batería.

Agora estaremos pendentes pero o máis probable é teñamos que achegarnos por Ponteares o vindeiro 5 de xullo, para disfrutar dos Trapos Sucios no I Festival Rock in Río Tea 2014.

Aínda non conseguimos un vídeo do certame, pero non quixemos que a nota quedase sen un, e aquí vos deixamos con eles no Estudio Mafia, e cantando en galego, ademais:

Escolma de fotos da noite

Novas relacionadas