Venres. 29.03.2024
El tiempo

Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio

Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio

presentación de "Rebumbio na Costa" en Corcubión from el sur se mueve on Vimeo.

Se a estrea en Camariñas foi todo un éxito, como nos comentaba un dos seus protagonistas, Leö KcH, a segunda sesión nocturna de concertos do “Rebumbio na Costa Asosiación Cultural” foi unha auténtica festa. A Cola da Rá, cedido polo Complexo das Hortensias, encheuse de música e troula, con 4 grupazos da provincia que fixeron as delicias dos amantes da música en vivo.

Patxaranga fixeron a festa no Rebumbio

Arrincaba a música contra as 23:30h cos coruñeses "Patxaranga", o equipo acústico de Chotokoeu, que como vedes no vídeo de Pablo Damonte, de El Sur se mueve, estiveron espectaculares co seu rollo balcánico, sorprendendo a propios e estranos. "Quen ía a dicir que cuns caldeiros de pintura se podería montar tanta festa? Son grandes músicos e soaron de marabilla", relata Alan Louzán, un dos organizadores. Non perdades o final do vídeo, que ten sorpresa.

Tocoulle o turno aos leoneses "Duendes Escapaos" que ofreceron as súas rumbas. Un popurri de temas míticos que remataron co simpático "Y una lágrima cayó en la arena" deixando ao público cun bo sabor de boca aparte de suados de bailar e algo afónicos de seguilas cancións.

E para rematar a noite, chegaron os punkis de Ribeira, The Fe Kaos, que ofreceron eses ramalazos de punk con temas cheos de rabia e temática social e antisistema.

E cando parecía que a noite remataba, non quedou ai a cousa... Tres membros de Adrenaline, coa presi da entidade, Aline Mouzo á cabeza, e ca axuda de Fran de Tugsteno ó baixo, tocaron uns temiñas para os máis bailongos. E xa por último tres valientes (compoñentes e excompoñentes dunha orquesta muxiana) subiron a improvisar desde o "Highway to hell" de ACDC ata a "Dolores se llamaba Lola" de Los Suaves pasando polo "Ace of Spades" de Motorhead. Un pouco de heavy para rematar a festa nunca está demais.

A presi do Rebumbio Aline Mouzo rematou cantando con varios membros de Adrenaline e Tugsnteno

O Rebumbio quere agradecer a colaboración dos músicos que viñeron de balde, así como a colaboración de Rafa, das Hortensias, por ceder o local. E xa están armando unha nova serie de concertos dos que, coma sempre, informaremos en QPC e na Axenda Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas festivaleiras

Fonte

Video de El Sur se Mueve de Patxaranga en Corcubion

Comentarios