Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea


Aí están, despois de moitos anos subidos aos escenarios de todo o país, e continúan gañando certames. Os muradáns Trapos Sucios veñen de levar o primeiro premio do Concurso de Bandas Festival Rock in Río Tea, de Ponteareas. Onte, sábado 5 de abril, celebrábase a gran final e os costeiros “competían” cos vigueses Tronka Jazz Quarter, aos que deixaron levar o segundo premio.
Así contaban os organizadores a vitoria dos roqueiros muradáns: ”Trapos Sucios volveu a demostrar que é o merecido gañador do concurso. Sobrepoñéronse á dificultade de non poder contar co baixista da banda (Manuel Romero (Tararo)), e tras un durísimo día de ensaios no que o seu guitarrista cambiou de instrumento volveron a conquistar ó público do JJ. Locura colectiva dende o primeiro ó último acorde. Uns mostruos”, os Germán Mosqueira - Voz, Ricardo Mayo (Kaio) - Guitarra, Denís Lamela - Guitarra e Pedro A. Lago - Batería.
Agora estaremos pendentes pero o máis probable é teñamos que achegarnos por Ponteares o vindeiro 5 de xullo, para disfrutar dos Trapos Sucios no I Festival Rock in Río Tea 2014.
Aínda non conseguimos un vídeo do certame, pero non quixemos que a nota quedase sen un, e aquí vos deixamos con eles no Estudio Mafia, e cantando en galego, ademais:
Escolma de fotos da noite




Novas relacionadas
- De premio, a gravación dun disco.
- Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- VdeValarés faise internacional.
- Valarés prepara xa o seu festival de reencontros.
- Mazaricos porase no panorama electrónico europeo co Fermaz Festival.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).