Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Os Bombeiros do GES de Muros liberan unha persoa atrapada tras unha saída de vía en Abelleira

accidente en Abelleira
Os Bombeiros do GES de Muros liberan unha persoa atrapada tras unha saída de vía en Abelleira

Unha persoa tivo que ser excarcerada ao producirse unha saída de vía na AC-550, no quilómetro 45, na parroquia de Abelleira, en Muros. 

Foi ás 12:00 horas cando o 112 Galicia recibía o aviso por parte do sistema de emerxencias integrado no vehículo. Mediante este sistema puidose contactar co particular implicado no accidente, o cal indicaba que tivera unha saída de vía co vehículo que conducía e non era capaz de saír do mesmo, xa que estaba envorcado.

De inmediato, pasouse aviso aos Bombeiros do GES de Muros, que foron os encargados de liberar á persoa que estaba atrapada polos pés.
A maiores, tamén se informou aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que finalmente a persoa foi trasladada polos seus propios medios ao Punto de Atención Continuada.

Comentarios