As receitas Estrela: A pescada con berberechos do Vila de Muros

10:29 04/07/25
Con tradición hostaleira familiar e ligado á restauración dende que ten uso de razón, no ano 2018 Iván decide abrir Vila de Muros, un restaurante - asador especializado na calidade do produto de proximidade. Ubicado en pleno centro histórico da vila mariñeira de #Muros, a un paso do porto de Concello de Muros, a restauración do edificio mantivo a identidade patrimonial do edificio onde se sitúa. Unha visita ao #vilademuros é unha experiencia que permite desfrutar da súa excelente gastronomía nun marco que che traslada no tempo.

Pescada con berberechos
Ingredientes
- Pescada (lombo desosado)
- Berberechos
- Perexil
- Caldo de peixe
- Fécula de millo
- Cebola
- Allo
- Pataca
- Aceite
- Sal
Preparación:
Salga o lombo de pescada e doúrao nunha tixola coa pel cara arriba. Despois duns minutos, colócao nunha bandexa de forno cuberta con aceite de oliva e reserva. Na tixola onde se lles fixo a pescada, sofríe media cebola relada. Unha vez cociñada a cebola, engade unha cullerada de maicena, engade os berberechos, cóbreos cun pouco de caldo de peixe, engade a pescada á salsa, déixaa ferver ata que o caldo se reduza un pouco para espesar a salsa e, finalmente, espolvorea con perexil ao gusto. Serve con unas balocas cocidas ou un arroz en branco. Bon proveito!!!
