venres. 06.06.2025
El tiempo

As Receitas Estrelas: O Pan brioche de gambas con mollo de curry e mango do Restaurante O Entra

As receitas Estrela-Pan Brioche do Restaurante Entra
As Receitas Estrelas: O Pan brioche de gambas con mollo de curry e mango do Restaurante O Entra

Continuamos esta serie de receitas que nos achegan os establecimentos da Asociación Turística Comarcal da ría de Muros Noia Ría da Estrela. Esta semana quedamos en Louro (Muros), onde se atopa o Restaurante O Entra.

Rexentado por Lucía Villanueva, unha moza cociñeira de Málaga, con moita tradición familiar as súas costas pero tamén estudios de hosteleira. Namorada das paisaxes e a cociña galega, decidiu ficar aquí, a afianzar a súa aposta por unha cociña de fusión, con produtos de calidade, sempre con ideas frescas e orixinais que fan do seu menú un abano de pratos para un toda clase de clientes.

Terraza do Restaurante Entra de Louro-Muros

Hoxe, as As receitas Estrela, tráenos unha das súas creacións máis orixinais este “Pan brioche de gambas con mollo de curry e mango”.

Ingredientes:

  • 1 pan brioche trenzado
  • 200 g de gambas
  • 1 cucharada de guacamole caseiro (aguacate, lima, sal e pimenta)
  • mollo de mango e curry caseira
  • Mayonesa
  • Cebola encurtida para decorar
  • Manteiga para dorar o pan

Preparación:

  • 1. Marcamos o pan brioche nuha panela con un chisco de manteiga hasta que esté dorado e crujiente.
  • 2. Facemos un guacamole sinxelo con aguacate maduro, lima, sal e pimenta. usamolo como base enrriba do pan.
  • 3. Salteamos as gambas nunha sartén quente con un pocuo de sal y aceite.
  • 4. Colocamos as gambas sobre o guacamole no brioche.
  • 5. Añadimos o mollo de curry e mango caseiro:
    1 mango maduro triturado
    4 culleradas de mayonesa
    1 culler de curry suave
    Zumo 1/2 lima pequena e misturamos todo hasta obter una crema homoxénea.
  • 6. Rematamos con un fio de mayonesa e cebolla encurtida

E listo para servir! Bon proveito!

Máis receitas Estrela

Comentarios