sábado. 14.06.2025
El tiempo

As Receitas Estrela: A tarta de mazá de Casa do Zuleiro

Tarta de Maza de Casa Zuleiro Outes-Ria da Estrela
As Receitas Estrela: A tarta de mazá de Casa do Zuleiro

José e Lucinda chegan ao Concello de Outes no 2005, cando, tras voltar de Suiza deciden dar o paso e abrir Casa do Zuleiro e converterse nun referente do turismo rural na Ría de Muros Noia. Tras anos de bo traballo e posicionamento mostrando a beleza cultural e paisaxística do seu amado rural galego, onde se coida ata o último detalle e se magnifica a experiencia do cliente, hoxe queren compartir una receta doce, de tradición familiar da casa do zuleiro. Fano no marco da sección As Receitas Estrela que cada venres nos trae Asociación Turística Comarcal da ría de Muros Noia Ría da Estrela.

Tarta de mazá de Casa do Zuleiro

Ingredientes:

  • 1 paquete de masa hojaldre.
  • 1 quilo de mazás.
  • 3 ovos 200 mililitros de nata.
  • 8 culleradas de azucre.
  • Marmelada de ameixa.

Preparación:

Prequecer o forno a 180 graos. Pelar e cortar as mazás en rodajas e reservar en auga cun pouco de zume de limón para evitar que se douren. Colocar a masa follada e cortar as mazás nun molde, formando os pétalos. Enfornar a 190º ata que a mazá estea cocida, aproximadamente 10 minutos.
Nun bol, preparar a nata cos ovos, a nata e o azucre, mesturando todo ben. Verter a mestura sobre a masa follada e cociñar as mazás.
Enfornar de novo a 170º coa calor por riba ata que a nata colla. Rematar pincelando con marmelada de ameixa.
Que aproveite!

Máis receitas Estrela

Comentarios