As receitas estrela: O Arroz de pulpo do Taboleiro

Lisboeta de nacemento e galega de adopción, a familia de Isabel leva ligada á hostalaría e e ao mar dende que esta era moi cativa, rexentando negocios de restauración na costa lisboeta. Esta herdanza lévaa a estar vinculada ao sector toda a súa vida, incluso a nivel formativo.
Xa en Galicia, e logo de varias experiencias laborais decidiu dar o paso de emprender co seu propio negocio. Traballando en Santiago enterase de que o “O Taboleiro” estaba en alugueiro e non o pensou. Ubicado no Concello de Outes, en pleno porto do Freixo, no 2019 dá o paso intentando dende o primeiro deixar a impronta dunha hostalaría baseada no produto de proximidade, coa diferenciación da cociña tradicional portuguesa, caseira e de calidade.
Asi, para as As receitas Estrela, a sección da Asociación Turística Comarcal da ría de Muros Noia Ría da Estrela, tráenos un espectacular Arroz de pulpo:
Ingredientes:
- 1 cebolla grande.
- 1 pemento roxo.
- 1 pemento verde.
- 1 1/2 kg de polbo da ría.
- 300gr de arroz.
- 2 cucharas de café de tomate concentrado.
- Sal q.b.
- Prixel picado.
- Cilantro picado.
- Aceite de oliva extra virxe.
- Viño branco 1/2 vaso.
Ponse a cocer o polvo en abundante agua durante 20 minutos e deixase en reposo.
Nunha cacerola refóganse os pementos e a cebola picados con aceite de oliva, engádese o tomate concentrado e o viño blanco. Se deixa reducir o viño e se engade o arroz e a agua resultante da cocción do polbo.
Por último se engade o polbo cortado terminando de cocer o arroz. Servimos cun pouco de prixel e cilantro.
Sirvese quente e cun bom vino. Bo proveito!!!