venres. 20.06.2025
El tiempo

As receitas Estrela: O pinto curado da Muradana

Seguimos percorrendo o sur da comarca na sección As Receitas Estrela que cada venres nos trae Asociación Turística Comarcal da ría de Muros Noia Ría da Estrela. Hoxe facemos parada en Muros.
Pinto curado da Muradana
As receitas Estrela: O pinto curado da Muradana

Situado na que hoxe é a fachada marítima de Muros, a un paso do porto con máis sona da Ría de Muros Noia e, en pleno casco histórico desta vila mariñeira, A Muradana Hotel Restaurante, é a terceira creación de tradición hostaleira. Hoxe tráenos un dos máis aprezados peixes da ría, o pinto e unha das recetas estrela do seu restaurante, o pinto curado:

Ingredientes:

  • Sal
  • Zucre
  • Rayadura de limón
  • Follas de menta
  • Fiunchos
  • Pimentón 
  • Pimenta negra

Elaboración:

Unha vez que o peixe estea limpo, quitámoslle dous filetes sen espiñas. Marinámolo coas herbas e as especias e reservámolo. Nun bol, mesturamos azucre e sal a partes iguais cun chorriño de vodka. Facemos unha cama coa mestura de sal e azucre, colocamos o peixe marinado nela e cubrimos co sal e o azucre. Deixámolo curar durante dez horas no frigorífico. Para rematar, limpámolo ben con auga corrente, secámolo e cubrímolo con aceite de oliva virxe. Servimos cortándoo en rodajas moi finas.
Bo aproveito!

Máis receitas Estrela

Comentarios