Recuperando os campos de concentración franquistas de Muros

09:45 31/05/12

Visitará Muros o III Seminario sobre a Memoria, que artellan os Departamentos de Ciencias Sociais do IES Felix Muriel de Rianxo e do IES Melide, e mais o Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega. Un seminarios que percorrerá os campos de concentración franquistas de Padrón, Muros, Lousame e o Barbanza estes 1, 2 e 3 de xuño.
A actividade central do Seminario consistirá no percorrido por algúns dos espazos ocupados polos campos de concentración, pero inclúese tamén no programa o visionado de películas e documentais. Un dos protagonistas será Francisco Martínez, Quico, guerrilleiro que formou parte da partida do mítico Girón, acompañará outros coñecidos especialistas na Memoria nun percorrido que durará dous días e medio.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).
- Nova Escola Galega.