Xoves. 21.11.2019
El tiempo

Falece a persoa rescatada na Praia do Ancoradoiro

Rescate no Ancoradoiro
Rescate no Ancoradoiro
Falece a persoa rescatada na Praia do Ancoradoiro

Esta tarde, pasadas as 18:00h unha persoa tiña que ser rescatada na praia do Ancoradoiro. Un particular que a viu con dificultades para saír da auga chamou ao 112, que activaron o operativo de rescate enviando aos equipos de Salvamento Marítimo, que, subidos ao helicóptero Helimer, lograron sacar á persoa da auga.

Tras as manobras de reanimación, a persoa foi trasladada en helicóptero ao Hospital de Cee, onde falecía pouco despois.

Ademais dos equipos de Salvamento Marítimo, participaron no operativo membros do GES de Muros, os axentes da Policía Local, o 061 e da Garda Civil.

Rescate no Ancoradoiro 1

Comentarios