Martes. 19.03.2024
El tiempo

Restacados 3 tripulantes tras afundir o seu barco a 4 millas de Monte Louro

Salvamar Regulos de busca pola Costa da Morte
A Salvamar Regulus acodiu ao rescate
Restacados 3 tripulantes tras afundir o seu barco a 4 millas de Monte Louro

Esta mañá de mércores, pasadas as 8:00h, tivo un lugar un novo naufraxio a 4 millas de Monte Louro. Un barco dun armador de Noia, o “Fuentes”, afundía, enviando alarma pola UHF. Os 3 tripulantes conseguían lanzarse a un bote salvavidas.

Preto había varios pesqueiros da Costa. Primeiro foi o Reisiño (de Corcubión-Sardiñeiro) o que conseguía avistar as bengalas. De contado o Punta Caldebarcos (de Lira) era o que víu a balsa, sendo finalmente o Atalieira (de Fisterra) o que os rescataba.

Mentres, o Centro Salvamento Marítimo Finisterre coordinaba o servizo de rescate. O barco fisterrán trasladou os náufragos a unha embarcación mobilizada por Salvamento Marítimo, a Salvamar Regulus, que os levou ao porto de Porto do Son, onde non necesitaron axuda médica.
Tamén foi mobilizado o helicóptero Pesca I.

Comentarios