O Rumial invita á veciñanza a descubrir a Vexetación Autóctona dos Montes de Muros
A.C.D.R.M.Rumial prepara unha nova actividade formulada en materia de educación e motivación medioambiental. A entidade convoca un Obradoiro de Vexetación Autóctona dos Montes de Muros. Será o o biólogo Antón Santos o que axude a descubrir o patrimonio natural que nos rodea a través dunha experiencia práctica amena e aberta a todas as idades.
Durante a saída identificaranse as especies máis representativas dos nosos montes, como carballos, bidueiros, cerdeiras, castiñeiros, breixos... Coñecerase o papel ecolóxico destas plantas e a súa importancia para o equilibrio dos ecosistemas; aprenderase a diferenciar entre especies autóctonas e invasoras e a comprender o impacto de estas últimas; e mesmo se plantarán algunhas árbores autóctonas na contorna dunha xoia natural como a Devesa de Nimo (Noia).
A cita desenvólvense os vindeiros sábado 13 e domingo 14 de decembro, en horario de mañá (de 10:00h a 14:00) en función da previsión meterolóxica, con saída da Capela do Espíritu Santo.
Cómpre anotarse nos 669530104 ou 620926996, sobre todo para valorar a contratación dun autobús para a saída a Noia.

