Salvan unha embarcación muxiá que sufrira unha vía de auga no porto de Muros

09:18 17/01/25
Noite axitada no porto de Muros. A embarcación muxiá Saburil, do novo patrón Iago Guisamonde sufría unha via de auga no peirao muradán.
Ao lugar acodían os bombeiros do GES de Muros, Salvamar Regulus, Garda Civil, Policía local, Policía Portuaria e persoal do Concello que acodía cunha cisterna fundamental. Os traballos prolongáronse ata as 2:00h, pero finalmente conseguían salvar o barco e manteli a flote.
Agora tócalle un proceso de reparación ao patrón muxián, pero o susto non foi a máis.