O temporal de vento deixou a súa pegada na comarca
A alarte laranxa por vento, e tamén por mar, na costa da Coruña, deixou numerosas incidencias. Así o sinala o GES de Muros, que pedía máxima precauciónpor houbo varias caídas de tendidos eléctricos e telefónicos, así como iluminación por Nadal.
Sufríu, e moito, a lonxa do porto muradán, cun andamio saltando polos aires.
Porque a forza do vento foi das de días de grandes temporais. De feito, o refacho de vento máis forte desta pasada xornada dominical rexistrouse na estación da Gándara, en Vimianzo, con 138,6km/h. Camariñas situáse tamén entre os 5 primeiros cun refacho de 123km/h.
Previsión
Para este luns, as previsións de Meteogalicia sinalan que seguiremos con fortes ventos, e tamén chuvia.
Bos días! Seguiremos con ventos fortes do sur que non amainarán ata a noite.
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) December 19, 2022
🌧️E para esta noite agardamos as chuvias máis intensas, (saída do modelo de chuvia acumulada cada 6 h👇), cos acumulados más importantes desde as nove da noite ata as seis da mañá do martes. pic.twitter.com/zQzSlVc8N6